Empresas e autónomos uniranse para amosar os seus produtos e servizos na plataforma dixital Escaparate Xove

O Concello impulsa esta iniciativa, que pretende funcionar coma un centro comercial unificado

Presentación da iniciativa. AXM

As empresas e profesionais do municipio xovense uniranse en Escaparate Xove, unha plataforma na que amosarán os seus produtos e servizos a fin de actuar coma un centro comercial unificado. Así o anunciou o Concello a través dun comunicado de prensa.

O pasado venres, no salón de actos do consistorio, tivo lugar unha reunión de traballo presentada polo alcalde, o popular Demetrio Salgueiro, e na que Ruth Paz, directora técnica da empresa PROCAT, explicou as caracteristas, funcións, utilidades e a forma na que rexistrarse na plataforma.

Escaparate Xove, que se abrirá o 20 de outubro, “nace para potenciar os puntos fortes do empresariado, aproveitando a súa unión e capacidade de organización, o apoio do Concello e as posibilidades que ofrece a dixitalización”, expón o goberno local.

Os obxectivos da iniciativa son os seguintes: amosar á clientela as vantaxes do consumo local que ofrece o empresariado xovense; impulsar as relacións comerciais entre as empresas e coa clientela incrementando a súa presenza na Internet; facilitar unha canle de comunicación para a oferta e a demanda de emprego; e finalmente atraer novas iniciativas empresariais.

As empresas interesadas en participar podenn poñerse en contacto con Rosa Lage, a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here